Concello da Coruña

Concello da Coruña

Multa ou flor 2023-24

Esta actividade está inspirada no libro de Francesco Tonucci A cidade dos nenos, que pretende que as nenas e os nenos de educación primaria participen de forma activa na mobilidade da Coruña para desenvolver e integrar condutas seguras con respecto ao tráfico e tomar conciencia da importancia do coidado do medio na nosa cidade.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

TEMPO DE DURACIÓN DAS ACTIVIDADES:

  • 2 - 3 horas: 1 hora para a charla no centro e 1 hora para o percorrido

Obxecto:

  • Promover a seguridade viaria e a mobilidade sostible mediante a participación e implicación do alumnado.
  • Tomar conciencia da mobilidade na cidade da Coruña dende unha perspectiva crítica achegando solucións e premiando as boas condutas.
  • Incentivar o coñecemento do seu ámbito inmediato, integrando neste a Policía Local como axente social próximo e colaborador.
  • Aprender a camiñar con seguridade pola cidade entendendo a necesidade de respectar as normas como peóns e peoas e persoas condutoras de bicicletas.
  • Estimular a súa iniciativa e canalizar o seu espírito crítico na participación cidadá.

A actividade baséase no reforzo positivo e negativo, e a procura dunha aprendizaxe significativa por descubrimento.

Neste tramo de idades o alumnado adquire máis autonomía como peón e, por tanto, maior conciencia da súa contorna, á vez que empeza a utilizar a bicicleta non só como elemento de xogo senón como vehículo. Aproveitando a súa gran curiosidade é importante guialos/as na súa interacción coa rúa, co tráfico, e aprender a participar como cidadás e cidadáns activos velando pola súa seguridade e, ao mesmo tempo, propoñendo dende unha postura crítica solucións para conseguir unha cidade cunha mobilidade amable e sostible.

ACTIVIDADE:

A actividade consiste en dividir o alumnado en dous grupos. Un dos grupos terá un "boletín de denuncias simbólico", co que poderán denunciar todas aquelas accións que considere inconvenientes e sancionables, mentres que o segundo grupo dispoñerá dunha flor feita na clase, que lles repartirá aos cidadáns e cidadás premiando as condutas cívicas e que promovan a mobilidade sostible.

  • Charla de sensibilización no centro educativo sobre a mobilidade segura e sostible.
  • Percorrido pola contorna próxima do centro para que, vestidos/as con chalecos policiais, e divididos/as en dous grupos realicen as seguintes accións:
    • Grupo 1: denunciar "simbolicamente" as accións que consideren inconvenientes (vehículos estacionados en pasos de peóns, tirar papeis á beirarrúa...)
    • Grupo 2: premiará cunha flor as condutas percibidas como cívicas (usar o bus urbano, a bicicleta, camiñar cara ao traballo e a escola, respectar os semáforos...).
  • A continuación, os dous grupos terán que encher de forma conxunta un formulario no que sinalarán o número de denuncias postas e premios repartidos, así como a súa valoración sobre o resultado.
  • Finalmente, terán que entregar o formulario por rexistro nas dependencias municipais do propio Concello, indicando ademais algunha suxestión para mellorar a mobilidade sostible na nosa cidade.

Cando:

Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña.

Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Recursos materiais:

RECURSOS MATERIAIS:

  • Ordenador e pantalla para o visionado dun vídeo

RECURSOS PERSOAIS:

  • Profesorado que acompañe o alumnado

Documentos:

Multa ou flor (790 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión