Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rodando pola Cidade de cristal 2023-24

Desde a Sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, seguindo as liñas marcadas pola Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sostible establecidos pola ONU, estamos a traballar dous obxectivos educativos: a seguridade viaria e a mobilidade sostible, dous contidos inseparables.

Este é o enfoque que teñen os países con menor accidentalidade na estrada e maior calidade ambiental.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos.

TEMPO DE DURACIÓN DAS ACTIVIDADES:

  • 1.ª sesión "Estacións de bicicleta": 1,30 h
  • 2.ª sesión "Saída temática en bicicleta": unha mañá

Obxecto:

  • Aprender a moverse pola Coruña en bicicleta, iniciando os nenos e as nenas a partir dos 10 anos e convidando a aqueles pais e nais ou outros familiares que nos queiran e poidan acompañar.
  • Relacionar unha actividade de educación viaria con contidos do currículo escolar.
  • Motivar as novas xeracións de coruñeses e coruñesas a valorar a nosa contorna e ser máis coidadosos coa nosa cidade e co medio.

A mobilidade ten sen dúbida un valor positivo, pero tamén ten unha carga negativa: os accidentes de tráfico e a contaminación; esta última provoca máis de 16.000 mortes prematuras ao ano. As Policías Locais estamos especialmente sensibilizadas con lestes problemas e levamos máis de 30 anos dedicando esforzos a educar a escolares de diferentes idades, cunha visión da Educación Viaria integral, inicial e permanente.

Coa intención de que A Coruña se converta nunha cidade máis amable co medio, máis segura e máis saudable, ofertamos esta actividade en bicicleta que ten ademais o obxectivo de mesturar a educación viaria e os contidos escolares.

ACTIVIDADES:

As actividades están organizadas en 2 SESIÓNS:

1.ª SESIÓN: As estacións da bicicleta: no ximnasio do centro organízanse tres obradoiros polos que vai rotando o alumnado.

  • Estación de seguridade viaria: charla impartida por ciclistas da Policía Local
  • Estación de ergonomía: impartido por Escola da Bici
  • Estación de mecánica: impartido por persoal técnico de BiciCoruña

2.ª SESIÓN: Saídas en bicicleta:

As saídas en bicicleta teñen como obxectivo dar a coñecer lugares emblemáticos da cidade e compartir retrincos da historia da nosa cidade mentres visitamos puntos de interese escolar como o Castelo de San Antón, o Paseo Marítimo, o Dique de Abrigo, a Escola de Belas Artes ou o Parque Escultórico da Torre de Hércules, entre outros.

Cando:

Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024

Ver as condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña

Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Recursos materiais:

RECURSOS:

  • Proxector e reprodutor de vídeo
  • Ximnasio do centro educativo

Documentos:

Rodando pola Cidade de cristal (888 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión