Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico 2023-24

Esta é unha actividade lúdica, complementaria á formación en educación viaria.

A súa finalidade é achegar o alumnado ás nosas dependencias e ensinarlle o funcionamento da Sala de Control Semafórico na Estación de Autobuses, sede da Concellería de Mobilidade Sostible.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Obxecto:

  • Descubrir como se desenvolve o traballo policial na Sala de Control Semafórico.
  • Aprender os elementos básicos de articulación da rede semafórica.
  • Achegar o alumnado ás dependencias policiais.
  • Relacionarse coa Policía Local dende unha perspectiva formativa e colaboradora.

Desde este departamento controlamos o tráfico a través de 41 cámaras situadas estratexicamente na cidade.

Ademais poderán ver o manexo dos paneis luminosos que informan as persoas condutoras da situación das vías e de todo o que pode incidir no tráfico: obras, carreiras, eventos... e sobre todo, mostrar os elementos básicos de articulación na rede semafórica.

Cando:

Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024

Xestionarase en virtude da evolución da pandemia de coronavirus.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña

Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Documentos:

Visitas guiadas sala control semafórico (760 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión