Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2012

A EMM na primeira edición do Jazzatlantica.

A Joven Ensemble e a Jazzy Band da Escola Municipal de Música da Coruña participan na primeira edición do festival Jazzatlantica.

Ana Fernández, tenente de alcalde do departamento de Cultura do Concello da Coruña, presentou o festival de jazz Jazzatlantica que se realizará na cidade entre os días 31 de outubro e 11 de decembro. Este festival súmase ás propostas do Goberno que teñen como obxectivo converter a Coruña nun referente cultural e de música en directo cunha programación moi variada.

O Goberno municipal e a Orquestra Sinfónica de Galicia quere achegar a música jazz á cidadanía e para iso Jazzatlantica presentará en directo, con concertos de primeiro nivel internacional, a referentes e figuras mundiais desta disciplina musical.

A primeira edición de Jazzatlantica consta de oito concertos, repartidas entre o Centro Ágora e o Teatro Rosalía Castro. O encargado de abrir o festival será Ambrose Akinmusire, o próximo 31 de outubro e cerrarao a OSG Jazz Band o 11 de decembro.

O programa de Jazzatlantica é o seguinte:

- 31 de outubro: Ambrose Akinmusire. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 7 de novembro: Wayne Shorter Quartet. Teatro Rosalía Castro. 21.00 horas.

- 12 de novembro: Kurt Elling. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 20 de novembro: Paquito D'Rivera. Centro Ágora. 21.00 horas.

26 de novembro: Christian Scott. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 28 de novembro: Abe Rábade Trío. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 1 de decembro: China Moses. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 11 de decembro: OSG Jazz Band. Teatro Rosalía Castro. 20.00 horas.

O Consorcio para a Promoción da Música organizou outros oito concertos para mostrar o traballo e a calidade dos músicos locais.

- Concertos na Escola Municipal de Música:

· Joven Ensemble, o 9 de novembro, ás 20.30 horas (gratuíto).

· Jazzy Band, o 23 de novembro, ás 20.30 horas (gratuíto).

- Concertos no Conservatorio Superior de Música:

· Jam Sessions no Conservatorio, os días 8, 15 e 29 de novembro (gratuíto)

· Big Band do Conservatorio, o 4 de decembro, ás 21.00 horas (gratuíto).

· Concertos nos pubs Garufa e Filloa: Combos do Conservatorio, o 22 de novembro, ás 23.00 horas, no pub Garufa e concerto + Jam Session, o 5 de decembro, ás 22.00 horas, no pub Filloa.

VENDA DE ENTRADAS

Os abonos para Jazzatlantica poñeranse á venda dende o 9 de outubro, e ata o xoves día 11 de outubro nas oficinas do Festival Mozart do Palacio da Ópera -en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas-; e no servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco -no teléfono 902 43 44 43, en horario de 08.00 a 22.00 horas-.

Finalizado o prazo para a compra de abonos abrirase o período para a venda de localidades a partir do próximo venres, 12 de outubro. As entradas poderanse adquirir en:

- www.novagaliciabanco.es.

- O servizo de venda de entradas de Novagalicia Banco: no número de teléfono 902 43 44 43, ata 24 horas antes de cada espectáculo, en horario de 08.00 a 22.00 horas de luns a domingo.

- O despacho de entradas da praza de Ourense: en horario de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a venres, excepto festivos.

- O mesmo día da actuación no recinto onde se programe o concerto (de 20.00 a 21.00 horas no caso do Ágora; e de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 horas ata o comezo do espectáculo no Teatro Rosalía).

Prezo de localidades soltas:

· 15 euros no patio de butacas e no anfiteatro do Ágora.

· 15 euros patio de butacas, as plateas ou os palcos do Teatro Rosalía.

· 10 euros no anfiteatro, palcos de anfiteatro, tertulia e galería do Rosalía.

· Abonos: 94,5 euros (Non se venden abonos para o anfiteatro, palcos de anfiteatro, tertulia e galería do Teatro Rosalía).

O concerto da OSG Jazz Band, que cerra o festival o 11 de decembro no Rosalía, non se inclúe nos abonos, polo que a venda directa de entradas será dende as 19.00 horas o mesmo día do concerto no despacho de entradas do teatro.

Os abonos estarán á venda dende o martes 9 de outubro e ata o xoves 11 de outubro, e as localidades soltas poderanse adquirir a partir do próximo venres.

Documentos:

Folleto da 1º edición do Jazzatlantica (2 MB)

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión