Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Son animal", de Paco Nogueiras

Música dedicada aos animais

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

07/05/2024

Inscricións:

Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

55 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Estreamos o novo espectáculo de Paco Nogueiras que dedica aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.

Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, con plumas, con rabo..., todos especiais e diferentes. E todos co seu son. O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña ou o zunido do mosquito convértense en divertidas cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock.

Preparémonos para cantar como animais, pois o gran son dos nosos amigos animais está a piques de comezar a soar.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión