Concello da Coruña

Concello da Coruña

Valeria Castro

Valeria Castro no Teatro Colón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/06/2024

Horario:

21.00 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea: 29,00 €
  • Palcos: 26,00 €
  • Principal: 22,00 €
  • 1ª fileira de principal (visibilidade reducida): 20,00 €

desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas

desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredite o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa SL

Valeria Castro é dona dunha voz sensible, fráxil, propicia para o calafrío. O seu primeiro álbum "Con cariño y con cuidado" é unha radiografía da alma formulada en primeira persoa; un exercicio de autoestima e amor propio e, sobre todo, a constatación de que o seu asinante só sabe falar daquilo que verdadeiramente lle concerne e conmove. Nada do que canta e conta Valeria comprenderíase sen toda a súa bagaxe previa; sen o alento dunha terra, unha familia e unha veciñanza, sen a pegada indeleble da súa illa: A Palma. Non canta só ela, a título particular: canta todo un pobo, unha maneira de concibir a vida. É a voz da sinceridade e a esencia. Unha gorxa en carne viva.

Estamos ante un traballo cun fío condutor ou unha espiña dorsal. É o autorretrato dunha rapariga insular ultra sensible que se abre en canle e deixa que nos asomemos ás entrañas mesmas da alma. O testemuño, en primeira persoa do singular, dunha moza que fai da súa verdade o xerme irrenunciable da súa mensaxe. A zona cero dunha confesión de empatía e sinceridade devastadoras.

Con tan só 24 anos, Valeria Castro, o novo talento que anos atrás Alejandro Sanz descubriu en Instagram e con quen despois cantara en directo o "Corazón Partío", deixou de ser unha promesa para ser unha realidade, sen dúbida una das voces máis prometedoras do mundo hispanofalante. O seu primeiro LP será presentarase en máis de 10 países, enchendo prazas tan importantes como "Noches del Botánico" e cantando con artistas da talla de Vetusta Morla, Silvana Estrada ou Vicente García. En setembro de 2023 recibe o seu primeiro nomeamento aos Latin Grammy na categoría de Mellor "Canción de Autor" pola súa canción "a raíz" e en novembro de 2023 consegue ser proposta ao Premio Goya á "Mellor canción orixinal" polo "Amor de Andrea", composto e interpretado xunto con Vetusta Morla.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de función desde 2 h antes (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • Ventaen despacho de billetes da praza de Ourense: De luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Mellores momentos Gala XXV Aniversario

O pasado venres 19 de abril tivemos a gala con motivo da celebración do XXV Aniversario da escola.

Ao comezo da gala puidemos ver un vídeo resumen dos nosos 25 anos que podes volver ver picando aquí.

Despois do vídeo tivemos a intervención da directora, Elena Umbría, e da alcaldesa da Coruña.

Comezando coas actuacións puidemos escoitar música jazz e moderna, aos nosos alumnos máis pequenos de música e movemento, tradicional e ao noso coro lírico.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión