Concello da Coruña

Concello da Coruña

La Terraza de Sada

Enderezo:

Paseo Maritimo. 15160 Sada, A Coruña

Teléfono:

981 62 00 10

Páxina web:

http://laterraza.eu/index.html

O estilo “Art Nouveau”, coñecido en España como “Modernismo”, tivo en Galicia excelentes exemplos de singulares obras arquitectónicas. Unha delas é a coñecida como “La Terraza” na poboación costeira de Sada, provincia da Coruña.

Trátase dun quiosco-restaurante, inicialmente construído nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, polo arquitecto Antonio López Hernández en 1912. Tras unha serie de reformas e engadidos, acabou sendo traslada ao paseo marítimo de Sada,  onde hoxe se conserva.

Esta fráxil estrutura de madeira, ferro e cristal, ten dúas plantas cerradas por unha membrana de cristal e policroma, cun deseño de rítmicos módulos verticais. Nas súas formas ondulantes e ovaladas adivíñase a inspiración naturalista do estilo modernista, a súa fina estrutura metálica lembra os emparrados das vides galegas, creando uns alegres ambientes propios para a finalidade de lecer e recreo do edificio.

Este edificio é unha construción modernista que está situada no Paseo Marítimo da vila de Sada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión