16 de febrero de 2023
Estes espazos ofrecerán asesoramento e atención á cidadanía ante posibles condutas de violencia sexual
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, habilitará tres puntos violeta para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante estas festas do Entroido na cidade.
Os puntos violeta contarán cunha dotación de tres persoas -unha psicóloga e dous dinamizadores expertos en violencia de xénero- que ofrecerán información co obxectivo de sensibilizar a cidadanía. Tamén serán espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que poida producirse durante as festas.
O sábado 18 e o luns 20 os puntos violeta estarán no cruzamento da rúa Agar coa rúa Real, en horario de 21.00 a 1.30 horas.
Xa o martes 21, pola natureza da festa dos choqueiros na rúa da Torre, o persoal dos puntos violeta estará ataviado con camisetas específicas para que poidan ser convenientemente identificados na rúa e, en caso de producirse algún incidente, acompañarán á persoa que o necesite a un espazo seguro cedido pola Policía Local nas súas instalacións. O horario de actividade do punto itinerante será de 19.30 a 00.00 horas.
Os puntos violeta, unha iniciativa municipal para os grandes eventos
O verán pasado, máis de 2.000 persoas recibiron información nos nove puntos violeta instalados polo Concello durante as festas estivais. Na noite de San Xoán, o Concello habilitou tres puntos violeta, outros dous durante as festas de María Pita e outros dous no Festival Noroeste. Ademais, instaláronse tamén puntos violeta durante a Feira Medieval e a Batalla Naval. O seu obxectivo, dentro das políticas activas no eido da violencia de xénero postas en marcha por Inés Rey, é informar, previr e, se for o caso, denunciar calquera tipo de agresión.
Ampliación en dúas horas dos horarios xerais da hostalaría
Ademais, no contexto destas festas de Entroido, o Concello vén de autorizar unha ampliación de dúas horas nos horarios xerais dos locales de hostalaría, ampliación que estará vixente desde este venres 17 e ata o vindeiro martes 21, ámbolos dous días incluídos.
Distribución dos puntos violeta polas festas do Entroido 2023 na Coruña (631 KB)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible