18 de febrero de 2019
O alcalde asinou co presidente do grupo empresarial a continuidade do convenio que, xunto coa aportación do Concello e outras entidades, permitirá abrir unha nova convocatoria do programa de Deporte Inclusivo e Solidario a través da Fundación Emalcsa
O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá co presidente e conselleiro delegado de Gadisa Retail, Roberto Tojeiro, un novo acordo de colaboración entre a empresa e a Fundación Emalcsa ata 2020 co obxectivo de levar a cabo unha nova edición do programa Deporte Solidario e Inclusivo, que procura a igualdade e inclusión social a través da práctica deportiva. O grupo empresarial comprométese, mediante o convenio asinado, a colaborar con citado programa ata o 31 de agosto de 2020 para o que formalizará a entrega dunha aportación económica de 10.000 euros no prazo de 15 días.
O alcalde coruñés destacou, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que o programa Deporte Solidario e Inclusivo busca impulsar e afondar na inclusión a través da práctica deportiva, un obxectivo que se mantén en cada convocatoria de subvencións para que as entidades deportivas da cidade poidan poñer en marcha actuacións baseadas na inclusión e a igualdade. O Concello da Coruña destina, a través da Fundación Emalcsa, un total de 250.000 euros para financiar o desenvolvemento dunha vintena de proxectos que promovan a igualdade de oportunidades e a integración social a través da práctica deportiva de distintas disciplinas de base.
Na última edición da mesma, foron 27 as iniciativas seleccionadas coas que colaborarán 20 entidades sociais da cidade e que engloban unha ampla representación da diversidade de deportes que se poden practicar na cidade, entre os que se inclúen hóckey --herba e sala--, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, baloncesto, boxeo, escalada, patinaxe, fútbol e fútbol sala, piragüismo, esgrima, atletismo, triatlón e pentatlón moderno, judo, xadrez, halterofilia, balonmano, vela, tira con arco, natación rugby, hípica ou waterpolo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible