Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas “Programa de Iniciación na Empresa 2024/1” da Fundación SEPI
A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2024/1, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas, universitarias ou de grao superior de formación profesional, sen experiencia profesional.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 28/04/2024
Duración:
6 meses, con posibilidade de prórroga por outro período de 6 meses
Requisitos:
Concluír os estudos necesarios para a obtención dun título universitario ou superior de formación profesional nalgún centro docente español recoñecido oficialmente, apto para desempeñar tarefas de acordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. Os títulos obtidos fóra de España serán admitidos a condición de que estean homologados ou conten coa declaración de equivalencia outorgada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Poderán tamén presentar a súa candidatura e optar ás bolsas convocadas acódelas estudantes universitarias que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar, antes da data de incorporación á bolsa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa poden consultarse na web www.fundacionsepi.es/becas/inic2024/titulacións.asp
Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate desde o 1 de xaneiro de 2022
Nacer a partir do 1 de xuño de 1994
Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea
Estar disposto ou disposta a fixar a residencia no lugar onde vaia a recibir a súa formación práctica
Non ser beneficiario/a de algún programa de bolsas da Fundación SEPI.
Remuneración / Custo:
Asignación económica mensual de 1000 €, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias.
Asignación económica mensual de 900 €, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.
No caso de que o bolseiro ou a bolseira desenvolver a súa práctica formativa no estranxeiro, estas cantidades poderán verse incrementadas nun importe para determinar pola empresa ou institución colaboradora, en función do país de destino da bolsa.
A formación práctica dos bolseiros e bolseiras do Programa poderá levar a cabo en calquera dos centros das empresas ou entidades que participan con este Programa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible