Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
XX Premio Literario Jordi Sierra i Fabra Para Mocidade
A Fundació Jordi Sierra i Fabra, en colaboración con SM, convoca o Premio Literario Jordi Sierra i Fabra 2025 Para Mocidade co obxecto de estimular nos estudantes españois e latinoamericanos o pracer pola creación literaria e o amor pola palabra escrita, a través de obras que reflictan valores universais de paz, amor, concordia e respecto.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/09/2024
Requisitos:
Poderán optar ao premio todos os mozos menores de 18 anos que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade ou procedencia. Os menores de 14 anos deberán achegar autorización paterna para concursar.
As obras deben estar escritas en castelán, ser orixinais, inéditas e non premiadas anteriormente en ningún outro concurso ou presentadas a un premio por fallar nas mesmas datas.
Só se admite unha obra por cada autor/a. Admítense obras feitas en colaboración entre varias persoas, sempre que todas elas cumpran os requisitos establecidos nestas bases.
As obras serán de narrativa, temática libre, coa opción de optar por calquera formato ou xénero, novela única ou conxunto de relatos ou contos, categoría infantil ou xuvenil.
A extensión será dun mínimo de 50 páxinas e un máximo de 180, tamaño DIN A4 (210 x 297 mm) claramente mecanografiadas nun corpo 12 ou superior (Times, Verdana, Arial etc.), por unha soa cara, numeradas e que conteñan entre 30 e 35 liñas escritas por páxina. Non se aceptarán obras feitas a man nin con ilustracións agás que sexan mapas ou detalles necesarios para a comprensión do relato.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible