Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13 de abril e 18 de xuño de 2024

Inscricións:

  • para a 1ª oportunidade: ata o 12 de marzo 
  • para a 2ª oportunidade: do 25 de abril ao 28 de maio

Prezo:

O importe dos dereitos de exame é 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.

Requisitos:

  • Poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea cursando o Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior, ademais das personas que reúnan os requisitos de acceso á universidade previstos no artigo 3 do RD 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.
  • As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.
  • Os aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias do cursos académicos 2025/2026 e 2026/2027, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á Universidade.

Páxina web:

https://probasinefgalicia.udc.es

Contacto:

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da  UDC

Avenida Ernesto Che Guevara, 121 (15179 - Oleiros)

tel.: 881 014 046

correo-e: administracion.inef@udc.es

https://inefg.udc.es

INSCRICIÓN:

As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física,  adxuntando a documentación indicada nas bases da convocatoria.

Prazos de matrícula nas probas:

  • Oportunidade do 13 de abril de 2024: ata o 12 de marzo de 2024 ás 14:00 h.
  • Oportunidade do 18 de xuño de 2024: do 25 de abril ao 28 de maio de 2024 ás 14:00 horas.

Á 2ª oportunidade poderán concurrir aquelas persoas que non obtiveron a calificación de APTO na 1ª oportunidade e tamén aquelas outras que, por cualquera circunstancia, non se presentaran a esta.

Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión