Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de selección para Gardas Rurais e as súas especialidades

O Ministerio do Interior aproba para o ano 2024 o calendario de convocatorias das probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades, cuxa superación habilitará para o exercicio das correspondentes profesións.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

1/ 1-20 marzo 2024. 2/ 1-20 setembro 2024.

Requisitos:

  • Poderán participar nas probas acódelas aspirantes a gardas rurais e ás súas especialidades de garda de caza ou guardapesca marítimo
  • Ser maior de idade.
  • Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario ou ser nacional dun terceiro Estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.
  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das respectivas funcións de garda rural.
  • Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
  • Non ser condenado por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude.
  • Non ser sancionado nos dous ou catro anos anteriores, respectivamente, por infracción grave ou moi grave en materia de seguridade privada.
  • Non ser separado do servizo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou nas Forzas Armadas españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
  • Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.

Páxina web:

www.guardiacivil.es

Contacto:

Servizo de Protección e Seguridade na Dirección Xeral da Garda Civil

Cale Batalla do Salgado, 32. 28045 Madrid

Correo electrónico dg-seprose-segprivada@guardiacivil.org

Teléfono de información da Administración xeral do Estado: 060

Publicación: BOE 30/11/2023

Os prazos para a presentación de solicitudes e os períodos de realización das probas serán os seguintes:

Convocatoria Prazo de presentaciónRealización das probas
1/2024 Do 1 ao 20 de marzo de 2024 Maio de 2024
2/2024Do 1 ao 20 de setembro de 2024 Novembro de 2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión