A historia das trece rosas, foi un dos episodios máis crueis da represión franquista. O 5 de agosto de 1939, trece mulleres, a metade menores, foron executadas ante as tapias do cemiterio do Leste.
+ 12 anos
Para público en xeral
01/10/2016
Xa rematou
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, 2'00 €)
**Para a aplicación dos descontos é imprescindible a presentación do documento que acredite o desconto
"Nai, voume reunir coa miña irmá e papá ao outro mundo, pero ten presente que morro por persoa honrada. Adeus, nai querida, adeus para sempre. A túa filla que xa xamais che poderá bicar nin abrazar. Que o meu nome non se borre da historia". Foron estas as últimas palabras que dirixiría á súa familia unha rapariga de 19 anos chamada Julia Conesa. Corría a noite do 4 de agosto de 1939. Facía catro meses que terminara a Guerra Civil. Madrid, destruída e vencida tras tres anos de acoso, de bombardeos e resistencia ante o exército sublevado, tentaba adaptarse á nova orde imposta polo xeneral Franco, un réxime que ía durar catro décadas.
O día a día en Madrid estaba marcado polas denuncias constantes de veciños, amigos e familiares, os espías infiltrados en todas partes, as detencións e as execucións sumarias. En xuño comezaran, mesmo, os fusilamentos de mulleres. "Españois, alerta. España segue en pé de guerra contra todo inimigo do interior ou do exterior, perpetuamente fiel aos seus caídos. España, co favor de Deus, segue en marcha, unha, grande, libre, cara ao seu irrenunciable destino...", voceaban as radios de Madrid. "Xuro esmagar e afundir ao que se interpoña no noso camiño", advertía Franco nos seus discursos.
Sería aquela a última carta de Julia Conesa. E ela sabíao. Porque, xunto a outras catorce presas do madrileño cárcere de Ventas, fora xulgada o día anterior no tribunal das Salesas. "Reunido o Consello de Guerra Permanente número 9 para ver e fallar a causa número 30.426 que polo procedemento sumarísimo de urxencia seguiuse contra os procesados (...) responsables dun delito de adhesión á rebelión (...) Fallamos que debemos condenar e condenamos a cada un dos acusados (...) á pena de morte", di a sentenza.
E apenas 24 horas máis tarde, 13 daquelas mulleres e 43 homes foron executados ante as tapias do cemiterio do Leste. Pola súa mocidade, a estas mulleres comezaron a chamalas "as trece rosas", e a súa historia converteuse pronto nunha das máis conmovedoras daquel tempo de odio fratricida e fascismo.
Agardamos que esta obra sirva de homenaxe
VENDA DE ENTRADAS
- Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
- Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) e Internet
Entidades
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible