Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 12/06/2024
Procesos selectivos de acceso, pola quenda libre e oposición, ao Corpo Especial de Axudantes de Laboratorio (2 prazas), ao Corpo Especial de Facultativos (23 prazas), e ao Corpo Especial de Técnicos Especialistas (1 praza) do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses.
Ata o 01/07/2024
O Concello de Ames convoca a cuarta edición de "Canta con Ames".
Ata o 17/06/2024
4 bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de formación profesional de grao superior, para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
Ata o 13/06/2024
Convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario pertencente ao subgrupo A2, técnica ou técnico de xestión, adscrita ao Departamento de Contratación e Persoal. O sistema de selección será por oposición libre.
Ata o 23/03/2025
O Concelo de Ribeira convoca a X edición do Concurso Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira”.
22/05/2024
O Aquarium Finisterrae conmemora o Día Internacional da Diversidade Biolóxica organizando unha visita guiada temática polas súas instalacións.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible