Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades Muncyt 2023-2024 | Oferta para grupos e centros educativos

O MUNCYT Coruña, ofrece a través deste programa propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas: visitas guiadas e xogos de pistas sobre a colección adaptados aos distintos niveis educativos, combinados coa participación en talleres orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos que gardan relación coa colección do museo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/09/2023 ata o 30/06/2024

Duración:

60-90 minutos por actividade.

Prezo:

de balde.

Requisitos:

  • As actividades son gratuítas previa reserva. Recoméndase facer a reserva cun mínimo de 15 días de anticipación.
  • Os grupos son guiados polo equipo de divulgadoras/es e as actividades adáptanse ás distintas franxas de idade, necesidades específicas e idioma elixido durante a reserva (galego, castelán ou inglés).
  • A duración media das actividades é de 60-90 minutos.
  • Os grupos deberán ir acompañados de educadoras/es.
  • Número máximo de persoas participantes por actividade segundo horario, opción elixida e persoas responsables de cada grupo. Contacta co MUNCYT e aconsellaran sobre a mellor opción para cada grupo.
  • As etapas educativas asociadas a cada actividade son indicativas da franxa de idade das persoas participantes.

Páxina web:

www.muncyt.es

Documentos:

Folleto Oferta actividades grupos e centros escolares 2023_2024 (1 MB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión