Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024

Requisitos:

  • Poderá solicitar as axudas o alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
  • Así mesmo, poderá solicita as axudas o alumnado con TEA e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Remuneración / Dotación:

Compoñentes das axudas e contías:

  • Ensino: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbano: ata 308,00 euros.
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.

Páxina web:

www.becaseducacion.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Los Madrazo, 17. 28014 Madrid

Teléfono 910 837 937

Unidade de Bolsas. Edificio Administrativo Monelos

Rúa Vicente Ferrer, 2 - 9º. 15008 A Coruña

Tel. 981 18 47 41

E-mail: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación: BOE 19/04/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 754862

Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:

  • Axudas directas para o alumnado, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderá ser beneficiario destes subsidios o alumnado con TEA, pertencentes a familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión