Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/11/2026
ou ata o esgotamento da partida orzamentaria.
Requisitos:
Unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda:
Por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
Aquelas que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
Aquelas unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.
Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sareb, en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención deste Programa.
Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento.
Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
Persoas beneficiarias: • Ter a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE o EEE ou ter autorización de residencia. •Empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda (consultar excepcións)• Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.• Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente. • Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no ordinal 8º das bases reguladoras .• Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais o inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (consultar excepcións).• Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso, de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Remuneración / Custo:
Contía da axuda do Bono de Alugueiro Social
O importe mensual desta axuda poderá chegar ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento, sempre que non supere a renda das vivendas previstas na convocatoria. A contía definitiva da concesión virá determinada en función do concello no cal estea situada a vivenda obxecto do contrato de arrendamento que se achegue, así como, de ser o caso, do suposto previsto no punto 2 do ordinal oitavo. O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda.
Axuda complementaria: ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.
Duración da axuda
Será susceptible de catro prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de cinco anos, e sempre que subsistan as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como que se acredite o límite de ingresos previstos no ordinal sétimo e exista dispoñibilidade orzamentaria.
En todo caso, as axudas concedidas, tanto en concesións iniciais como en sucesivas prórrogas, non se poderán estender máis aló do 31 de decembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible