Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria de bolsas mobilidade internacional de estudantes para prácticas
A Univesidade da Coruña ten convocadas as bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas programa Erasmus + prácticas (SMT) Curso 2023/2024.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 15/05/2024
As persoas candidatas deberán completar as súas solicitudes un mes (30 días naturais) antes da data prevista para o inicio da mobilidade.
Duración:
As estadías realizaranse entre o 1/09/2023 e o 30/09/2024 e terán unha duración de entre 2 e 12 meses.
Requisitos:
No momento de presentar a solicitude de mobilidade, o/a candidato/a debe estar matriculado/a en estudos oficiais de grao, de mestrado ou de doutoramento. Ademais, dentro da titulación oficial da que se trate, o estudante debe estar matriculado en materias que teñan relevancia para a obtención do título oficial da UDC, non será suficiente para cumprir co requisito unha matrícula composta exclusivamente por materias optativas que non sexan necesarias para obter a titulación.
Son elixibles as empresas ou organizacións dos 26 estados membros da Unión Europea (agás España), dos tres países integrantes do espazo económico europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega), Turquía, Macedonia e Serbia.
Advírtese de que, independentemente do nivel de coñecemento de idioma estranxeiro esixido pola UDC e a maiores deste, a institución/empresa de destino poderá impoñer os seus propios requisitos a este respecto. O incumprimento destes requisitos impostos pola institución de destino determinará o rexeitamento da candidatura do/a estudante e a imposibilidade de efectuar a estadía, aínda que no proceso de selección da UDC se lle concedese a praza de mobilidade...
Remuneración / Dotación:
O importe da axuda será o que dispoña o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), para a mobilidade de larga duración para prácticas de estudantes a estados membros da UE ou terceiros países asociados ao programa, no marco do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000056330.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible