Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Conselllería de Infraestruturas e Mobilidade convoca unha liña de axudas dirixida a facilitar a adquisición de bicicletas de pedaleo asistido e bicicletas de man (híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas).
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 01/06/2023 ata o 15/11/2024
ou ata cando se esgoten os fondos.
Requisitos:
Persoas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable (adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas en establecementos comerciais situados en Galicia.
Estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non obter axuda para a mesma clase de obxecto subvencionado no ano 2022.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
As bicicletas deberán ser adquiridas con posterioridade á publicación da presente convocatoria.
Tramitar a solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas. Será a entidade colaboradora a encargada de presentar telematicamente a solicitude de axuda.
A data límite para executar a adquisición da bicicleta e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa do investimento é de 30 días naturais, contados desde o día seguinte ao da presentación da solicitude, coa data límite do 15 de novembro do exercicio.
Remuneración / Dotación:
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta (cun límite de 500 €).
No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600). O tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).
No caso das bicicletas de man, o importe máximo da axuda será de 700,00 euros, sen superar o 70% do prezo da bicicleta.
Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible