O Departamento de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca 40 prazas gratuítas para a participación no XIV Encontro de Artistas Novos, un espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais
Para público en xeral
Dende o 25/08/2024 ata o 29/08/2024
Ata o 24/05/2024
ata as 14:00 h.
As 40 prazas terán dous ámbitos de participación:
Autonómico: 50% das bolsas serán concedidas a solicitantes nados/as ou residentes en Galicia.
Nacional/Internacional: 50% das bolsas serán concedidas a solicitantes de fóra de Galicia (tanto do resto de España como doutros países).
Poderanse presentar profesionais que nacesen entre 1989 e 2006, ambos os dous anos inclusive.
Reservaranse ata un máximo de 10 prazas a artistas maiores de 35 anos, tanto de Galicia como procedentes doutros lugares
Os desprazamentos a Santiago de Compostela desde o lugar de residencia e posterior regreso serán sufragados polas persoas beneficiarias.
Fundación Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n (15707 - Santiago de Compostela)
Tel.: 881 997 565
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible