Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, coa colaboración da Consellería de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidad de Madrid, convoca un concurso dirixido a mozos creadores co obxecto de que estes reinterpreten libremente obras pertencentes á Colección Permanente do Museo Nacional Thyssen Bornemisza.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/05/2024
Requisitos:
Poderán participar cos seus traballos acodes de 16 a 35 anos, de calquera nacionalidade e desde calquera país, sen maior requisito que a achega dunha obra propia, garantindo que non vulnera dereitos de terceiros e sobre a que dispón de todos os dereitos para a súa cesión
Admitiranse traballos realizados por máis dunha persoa (conxuntos ou colectivos artísticos), nese caso o premio será compartido entre os membros dese grupo.
O premio especial Prior Art Space presenta dúas limitacións: só poderán optar a el persoas de 18 a 35 anos e/ou conxuntos de artistas dun máximo de 2 persoas
Permítese a presentación de máis dunha obra por artista. As obras versionarán as distintas obras recollidas no Anexo I das bases.
A obra presentada deberá realizarse mediante unha das seguintes técnicas: - Ilustración - Pintura - Fotografa - Deseño gráfico - Street art - 3D - Animación - Colaxe - Outras disciplinas artísticas (performance, danza, etc.) susceptibles de ser plasmadas en formato dixital.
As persoas menores de 18 anos poderán participar con autorización asinada polos seus pais ou titor legal para ese efecto.
A participación farase mediante a publicación da obra a través dun perfil de Instagram público.
Remuneración / Custo:
3 primeiros premios: entrega dun Cartón VersionaThyssen + 1.000 €
3 segundos premioss: entrega dun Cartón VersionaThyssen + 500 €
Premio especial PRIOR ART SPACE: invitación a unha residencia artística de entre 1 e 3 meses.
3 Premios UNIQLO a novos artistas: vale por valor de 500 € a utilizar en tendas UNIQLO
4 Premios especiais dos Amigos Novos: entrega dun Cartón VersionaThyssen
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible