Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

III Concurso Manuel María de Composicións Musicais

A Casa-Museo Manuel María publica as bases da terceira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/06/2024

Requisitos:

  • As composicións deberán ser orixinais, inéditas e sen estrear.
  • A duración máxima é de cinco minutos e mínima de dous minutos e medio. 
  • A canción estará escrita para a voz de mezzo-sopranocon acompañamento de piano.
  • O poema será de libre elección da persoa concursante de entre todosos escritos por Manuel María, respectando sempre o orixinal, sen osometer a tradución.
  • A composición estará clasificada dentro da modalidade de canción galega.

Remuneración / Custo:

1000 € para a composición gañadora.

Publicación das partituras das persoas finalistas e a súa distribución gratuíta para todos os Conservatorios de Música de Galiza.

Páxina web:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal

Contacto:

Casa Museo Manuel María

Rúa F, nº 2

27250 - Outeiro de Rei (Lugo)

Tel: 698 177 621

Mail: contacto@casamuseomanuelmaria.gal

O concurso desenvolverase en dúas fases de maneira que na primeira o xurado seleccionará un máximo de cinco cancións finalistas que pasarán a unha segunda fase.

Na fase final determinarase a canción gañadora entre as designadas como finalistas na primeira fase. 

Para iso levarase a cabo, no mes de outubro, un acto con concerto público que terá lugar no auditorio da Casa-Museo Manuel María ao cal están obrigadas a asistiren as persoas seleccionadas na primeira fase, salvo razón de forza maior libremente estimada polo xurado.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión