Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega "Lingua de namorar", que ten como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 01/04/2024
Requisitos:
Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. Establécense tres categorías de idade:
Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría B: de 20 a 35 anos
Categoría C (exclusiva para Instagram): de 14 a 35 anos
Cada participante poderá enviar ata un máximo de 2 mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.
As mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso.
Todas as mensaxes deberán ser inéditas. A organización do concurso desbotará aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo.
Remuneración / Dotación:
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:
No caso das categorías A e B: para poder enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar cubrindo e enviando o formulario de inscrición.
No caso da categoría C (exclusiva para Instagram): cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible