Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
V Concurso de Redacción Xornalística para Mocidade
A revista National Geographic e RBA Libros convocan a 5ª edición deste concurso para mozos de 14 a 25 anos, coa colaboración de Volvo e Fundación Ecomar, que leva por título "Querido mar..." e cuxo tema será a conservación dos océanos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 12/05/2024
Requisitos:
Poderán participar mozos de entre 14 a 25 anos, ambos incluídos, matriculados en centros educativos de España dentro das seguintes categorías:
- Explorador 1: alumnado de 3º e 4º ESO
- Explorador 2: alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio.
- Explorador 3: mozos de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou centros de estudos de grao superior (ou que completasen un grao en universidade ou centro de estudos de grao superior nos últimos 3 anos).
Os estudantes que queiran participar deberán escribir, de forma individual, un editorial xornalístico co tema "QUERIDO MAR. Escribe aos océanos e polos océanos": un texto no que se analicen e expresen de maneira razoada a súa mensaxe acerca das especies que viven nos océanos, dos retos para a súa conservación, das iniciativas que existen para protexelo.
O editorial deberá ter un titular e un texto en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables
Cada estudante poderá participar cun único traballo e non se poderán presentar traballos en grupo.
Remuneración / Dotación:
O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de setembro e decembro de 2024 e recibirá unha cámara de fotos Fujifilm Instamax Mini valorada en 150 €.
Os gañadores dos 3 mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España e un lote de libros de RBA (valorado en 100 €)
Os 10 mellores traballos de cada categoría, incluídos os 3 gañadores, serán publicados na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible