Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Deputación da Coruña convoca o Certame "Antonio Fraguas Fraguas" de artesanía. Establécense dúas modalidades: Artesanía tradicional e artesanía contemporánea.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/05/2024
Requisitos:
Poderán participar todas as artesás e todos os artesáns que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, e que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste.
Na modalidade de artesanía tradicional poderán ser presentadas candidaturas ao premio por parte doutras persoas, colectivos ou entidades que non sexan as persoas autoras das pezas. Neste caso, a venda delas ficará condicionada á autorización da persoa responsable da súa autoría.
Cada persoa artesá ou colectivo poderá concorrer ao certame cun máximo de tres pezas, e poderán ser considerados como unha peza os conxuntos que, estando formados por varias, constitúan unha única unidade.
A autoría das obras e a súa autencidade xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible