Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
XVI Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais
A Deputación da Coruña convoca o XVI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades
galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, Fran Pérez "Narf".
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/06/2024
ata as 14:00 h.
Requisitos:
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...), que non fosen premiados nos cinco anos naturais anteriores do concurso.
As persoas participantes non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso. As/os artistas que se presenten individualmente tampouco poderán formar parte de grupo ningún.
Cada grupo ou artista participará cun mínimo de catro temas orixinais (tanto na letra, como na música) e compostos polo grupo ou persoas que o compoñen ou pola/o artista, no caso de participaren individualmente; se hai máis de catro temas, deberán indicar os que sexan orixinais. A maqueta dos temas presentados terá unha duración máxima de 20 minutos.
Remuneración / Custo:
Establécense os seguintes premios:
1.º clasificado: 4.000 € +
2.º clasificado: 2.000 €
3.º clasificado: 1.500 €
O grupo ou artista que obteña o 1º premio formará parte, a maiores, dunha programación específica de apoio á difusión da súa creatividade
SOLICITUDES: presentaranse ata as 14:00 horas do 20 de xuño de 2024 de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible