Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2024.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso.

Horario:

O horario das clases será das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 17.30 horas.

Precio:

Gratuíto. Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.

Requisitos:

  • Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen.
  • Ser maior de idade.
  • Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
  • Carecer de antecedentes penais.
  • Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

Página web:

https://agasp.xunta.gal

Contacto:

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección na Agasp

Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra)

Enderezo electrónico seleccion.agasp@xunta.gal

Teléfonos: 886 20 61 16 ou 886 20 61 09

Publicación: DOG 15/12/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR471A

Contido do curso: 

  • 1. Aspectos básicos da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas.
  • 2. Aspectos básicos da normativa de xogo.
  • 3. Dereitos e deberes das persoas espectadoras e usuarias. Dereitos fundamentais.
  • 4. Dereito de admisión.
  • 5. Medidas de seguridade nos establecementos abertos ao público e normativa de autoprotección.
  • 6. Normativa sobre horarios dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
  • 7. Réxime xurídico das persoas menores de idade.
  • 8. Aspectos básicos da normativa en materia de igualdade.
  • 9. Conceptos básicos de primeiros auxilios.
  • 10. Protocolo en situacións de perigo.
  • 11. Técnicas básicas de autocontrol en situacións de extrema necesidade.

O temario estará dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na seguinte ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/informacion-espectaculos-publicos

Calendario das edicións do curso durante o ano 2024:

  • Xoves, 18 de xaneiro.
  • Martes, 13 de febreiro.
  • Xoves, 21 de marzo.
  • Sábado, 20 de abril.
  • Martes, 21 de maio.
  • Xoves, 20 de xuño.
  • Martes, 16 de xullo.
  • Sábado, 21 de setembro.
  • Xoves, 17 de outubro.
  • Martes, 12 de novembro.
  • Martes, 17 de decembro.

As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso. Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a Agasp programará a súa realización e publicará na súa páxina web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición que se realice e, ademais, as persoas interesadas recibirán un correo electrónico e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión