Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2024.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso.
Horario:
O horario das clases será das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 17.30 horas.
Prezo:
Gratuíto. Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.
Requisitos:
Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen.
Ser maior de idade.
Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
Carecer de antecedentes penais.
Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.
Calendario das edicións do curso durante o ano 2024:
Xoves, 18 de xaneiro.
Martes, 13 de febreiro.
Xoves, 21 de marzo.
Sábado, 20 de abril.
Martes, 21 de maio.
Xoves, 20 de xuño.
Martes, 16 de xullo.
Sábado, 21 de setembro.
Xoves, 17 de outubro.
Martes, 12 de novembro.
Martes, 17 de decembro.
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso. Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a Agasp programará a súa realización e publicará na súa páxina web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición que se realice e, ademais, as persoas interesadas recibirán un correo electrónico e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible