Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos TIC en liña e gratuítos - Cluster Tic Galicia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster TIC Galicia poñen en marcha unha nova edición deste programa para a realización de accións formativas destinadas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia, para dar resposta ás necesidades actuais do mercado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Se es unha persoa activa en Galicia, podes matricularche nestes cursos. Que se entende por persoa activa:

  • Persoa desempregada rexistrada no Servizo Público de Emprego en Galicia.
  • Autónoma/ou en Galicia.
  • Persoa traballadora por conta allea de empresa non galega pero adscrito a un centro de traballo en Galicia.
  • Persoa traballadora por conta allea de empresa galega, traballe ou non en Galicia.

O persoal funcionario ou persoal laboral público só poderán participar en cursos de formación transversal.

Páxina web:

https://formacion.clusterticgalicia.com/

Contacto:

CLÚSTER TIC

Tel. +34 881 939 651

info@clusterticgalicia.com

Programación

Modalidades:

  • Cursos modalidade Aula Virtual (en directo)
  • Cursos modalidade Teleformación (asíncronos)

¿Cantos cursos poden realizarse?

Podes realizar todos os cursos que queiras, coa limitación do teu tempo dispoñible para ter unha aprendizaxe efectiva.

Se os cursos son presenciais mediante videoconferencia non deben solaparse nos horarios, tes que poder realizar o 100% das horas de cada curso.

Inscrición

En primeiro lugar, tes que solicitar praza nos cursos publicados a través do formulario habilitado nesta páxina. Non hai un límite de solicitudes de cursos. Posteriormente o Clúster TIC asignará prazas e se hai praza nos cursos solicitados procederás a matricularche. En caso de ser incompatibles en horarios varios dos cursos solicitados, poderás escoller en cal/é quéresche matricular.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión