Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Escola de Empoderamento | O ocio e o tempo libre como espazo de participación

Terceiro módulo, independente, da Escola de Empoderamento organizada por Aventeira, terá lugar no albergue Aldea Nova de Narón.

A quen vai dirixido?:

Esta formación está dirixida a persoal técnico, profesional ou voluntario, de dinamización infantil e xuvenil entidades públicas, colectivos sociais ou outros contextos socioeducativos onde se pretenda introducir ou mellorar a participación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/05/2024 ata o 12/05/2024

Inscricións:

Dende o 23/02/2024

A inscrición debe realizarse unha semana antes da celebración do curso. A partir desta data só entrarán solicitudes en caso de haber prazas sen cubrir.

Horario:

  • A formación dará comezo ás 12:00 do sábado e rematará ás 18:00h. o domingo.
  • A chegada ao espazo e instalación nas habitacións será, por norma xeral, entre as 11:00 e as 12:00h.

Prezo:

  • Esta formación é gratuíta.
  • Soamente solicitan que espalles e transmitas o aprendido na mesma. Nunha ligazón da súa web explican como.
  • * O transporte de ida e volta ao lugar de celebración será polos propios medios das persoas participantes.

Páxina web:

aventeira.com

Contacto:

Valoraranse os niveis de participación real da rapazada en campamentos e outros espazo de lecer educativo, compartiranse metodoloxías, dinámicas ou experiencias para facer esta participación máis posible.Tamén descubriredes iniciativas de ocio autoxestionado por mozas e mozos.

Lugar

A Escola de Empoderamento desenvólvese, na súa totalidade, no albergue Aldea Nova  (Narón, A Coruña).  A participación no curso inclúe aloxamento e manutención ao longo da duración do mesmo.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión