Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Formación Expert@s en Transformación Dixital na Peme

Formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterán os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Faranse varias edicións durante os dous anos de duración do programa. O primeiro curso comezará en setembro de 2023.

Duración:

3 meses aproximadamente.

Requisitos:

Requisitos persoais

  • Persoas novas ata 35 anos:
    • En situación de desemprego.
    • Ou ocupadas nunha PEME que teña entre 10 e 249 traballadores.

Requisitos académicos

  • Nivel de estudos requirido (unha das 3 opcións):
    • Con título de Grao Universitario ou cursando o último ano de carreira.
    • Con título de FP Grao Superior.
    • Con certificado de profesionalidade de nivel 3, título de Bacharelato ou de FP grao medio sempre que se teña unha experiencia laboral de mínimo dous anos nun posto vencellado a competencias dixitais.

Experiencia profesional

Mínimo de seis meses de experiencia profesional previa incluíndo prácticas (excepto para o caso indicado no punto anterior a respecto do nivel de estudos requirido).

Páxina web:

Formación Axentes do cambio

Contacto:

Universidade Camilo José Cela - Impulso Dixital

Tel./WhatsApp: 628 745 4870

info@tuimpulsodigital.es

Normativa: BOE 12/11/2022

Contido

  • Formación:
    • Xestión empresarial e estratexia (20 h)
    • Innovación (25 h)
    • Os procesos co cliente (40 h)
    • Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital (45 h)
    • Habilidades (Soft Skill) (10 h) (Transversal no tempo para ir aplicando nos roleplays os contidos técnicos do programa)
    • Mentorización Grupal de Proxecto Técnico (10 h)
    • Introdución á xestión de proxectos
    • Formación en sostibilidade emocional na contorna de traballo e aplicación práctica.
  • Mentorización (10 horas) para traballar individualmente un Plan de Transformación Dixital Empresarial.
  • Que se consegue?
    • Crear un Plan de Transformación Dixital para unha peme.
    • Diploma certificado pola Universidade Camilo José Cela de (15 Créditos ECTS).
    • Profesionais capacitados para tomar decisións e guiar a transformación dixital.
    • Certificación PMI Project Management ReadyTM.
    • Networking e experiencias compartidas con outros profesionais.
    • Coñecemento de experiencias sectoriais.
    • Incorporarse na bolsa de emprego Axentes do Cambio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
    • Participar nun proceso de orientación e intermediación laboral

Modalidade de impartición

  • Clases en modalidade presencial (45 horas) na Coruña (consultar outras poboacións).
  • Clases en directo (95 horas)

Inscrición

Formulario web

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión