Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024-2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024/25.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (ESO): até 10 de xuño de 2024.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até o 21 de xuño de 2024.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

INFORMACIÓN: nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño que oferten ciclos medios

EASD Ramón Falcón

Paseo dos estudantes, s/n. 27002- Lugo

tel.: 982 220 790 

correo-e: escola.arte.ramon.falcon@edu.xunta.es

www.escoladeartelugo.com

PUBLICACIÓNDOG 22/04/2024

INSCRICIÓN

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (ESO): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.

  • Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición: 12 de xuño.
  • Período de reclamación contra a listaxe provisional tras 1º prazo de inscrición: 13 e 14 de xuño.
  • Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras 1º prazo de inscrición: 17 de xuño.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

  • Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras 2º prazo de inscrición: 25 de xuño.
  • Período de reclamación contra a listaxe provisional do 2º prazo de inscrición: 26 e 27 de xuño.
  • Publicación listaxe definitiva no 2º prazo: 1 xullo.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

LUGAR E DATAS DAS PROBAS

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribiran.

DATAS:

* Proba substitutiva do requisito da titulación de ESO: 19 de xuño de 2024.

1ª parte: 10.00-13.00h.                       2ª parte: 16.00-17.00h.

  • Cualificacións provisorias: 25 de xuño.
  • Reclamacións: 26 e 27 de xuño.
  • Cualificacións definitivas: 1 de xullo.

* Proba específica: 3 de xullo de 2024.

1º exercicio: 10.00-11.00h.                2º exercicio: 12.00-14.00h.                3º exercicio: 17.00-19.00h.

  • Cualificacións provisionais: 8 de xullo.
  • Reclamacións: 9 e 10 de xullo.
  • Cualficacións definitvas: 12 de xullo.

ACCESO DIRECTO

Estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao medio que estea en posesión de:

  • Título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca a do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.
  • Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca a do ciclo formativo ao cal se pretende acceder, ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Ter superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes, e realizar a correspondente inscrición nos estudos que queira realizar.
  • Quen, estando en posesión dos requisitos académicos de acceso conforme o establecido Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro,  acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA

As persoas que estean en posesión do título de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, ou equivalente a efectos académicos, deberán superar unha proba específica.         

A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios:

1º) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento, nun tempo máximo 1h., dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

2º) Segundo exercicio: realización. Realización, nun tempo máximo de 2h., de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

3º) Terceiro exercicio: execución. Consistirá en levar á práctica, nun tempo máximo de 2h., un exercicio definitivo a partir dos bosquexos realizados no segundo exercicio. Valoraranse a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS DE TITULACIÓN

(proba substitutiva de titulación + proba específica)

As persoa que non dispoñan do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberán ter n ter cumpridos no ano de realización da proba 17 anos, e superar a proba substitutiva de titulación de ESO, ademais da correspondente proba específica.

A proba substitutiva da titulación de ESO poderase suplir pola acreditación da superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou pola parte común da proba de acceso a grao superior de FP, pola proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas, pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba substitutiva do requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores ou para o acceso as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, ou pola proba que substitúe o requisito académico de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

A PROBA SUBSTITUTIVA DA TITULACIÓN DE ESO consta de 2 partes:

1ª) Primeira parte:

Os/as aspirantes deberán seleccionar 3 das seguintes cuestionarios:

  • Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.
  • Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.
  • Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.
  • Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

2ª) Segunda parte:

  • Educación plástica e visual: realización dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión