Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bacharelato. Modalidade Artes. Vía Artes Escénicas

Nivel de estudos
Bacherelato. Artes plásticas, música e danza
Información xeral
Coa implantación da LOE, o bacharelato comprende 2 cursos académicos que poderán ser cursados polo réxime ordinario ou polo réxime de ensinanzas de persoas adultas en calquera das súas modalidades: presencial, semipresencial ou a distancia.

O bacharelato estrutúrase en:

  • Modalidade de Artes (organizada en dúas vías: Artes plásticas, deseño e imaxe e Artes escénicas, música e danza)
  • Modalidade de Ciencias e tecnoloxía
  • Modalidade de Humanidades e ciencias sociais

Cada unha das delas ten:

  • Materias comúns, teñen como finalidade afondar na formación xeral. As materias de aprendizaxes progresivas requiren a superación das de 1º curso para seren avaliadas as de 2º curso.
  • Materias de modalidade, proporcionan unha formación de carácter específico. O alumnado deberá cursar 3 materias propias de modalidade en cada un dos cursos do bacharelato. Existen materias obrigatorias  en cada modalidade.
  • Materias optativas, que completan a formación. O alumnado cursará 1 materia optativa tanto en 1º como no 2º curso do bacharelato.

PROMOCIÓN:

  • Conseguirán a promoción ao segundo curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.
  • O alumnado que conseguise a promoción ao segundo curso con materias avaliadas negativamente deberá cursalas ao longo do curso. A avaliación destas materias terá que ser anterior á das materias de segundo curso.

PERMANENCIA: O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos, consecutivos ou non.

CAMBIO DE MODALIDADE: Unha vez cursado o primeiro curso de bacharelato e antes do comezo das actividades lectivas do segundo, poderá solicitarlle á dirección do centro o cambio de modalidade. O alumnado, unha vez autorizado para o cambio de modalidade, terá que matricularse de polo menos dúas materias da nova modalidade do 1º curso e de todas as de curso, tendo en conta que das seis materias que o alumnado terá que cursar no bacharelato, polo menos cinco, serán das que corresponden á modalidade elixida. Computarase como optativa de segundo curso unha das materias de modalidade cursada e superada en .

Requisitos
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.)
Plano de estudos

PRIMEIRO CURSO

Tipo de Materia

Materias

COMÚNS

Ciencias para o mundo contemporáneo

Educación física

Filosofía e cidadanía

Lingua galega e literatura I

Lingua castelá e literatura I

Lingua estranxeira I

Relixión

DE MODALIDADE

(3 materias)

Análise musical I

Anatomía aplicada

Cultura audiovisual (obrig.)

Linguaxe e práctica musical

OPTATIVAS

(para escoller 1)

Antropoloxía

Literaturas hispánicas

Música (*)

Segunda lingua estranxeira (*)

Tecnoloxías da información e da comunicación (*)

SEGUNDO CURSO

Tipo de Materia

Materias

COMÚNS

Historia de España

Historia da filosofía

Lingua galega e literatura II

Lingua castelá e literatura II

Lingua estranxeira II

Relixión

DE MODALIDADE

(3 materias)

Artes escénicas

Historia da música e da danza (obrigatoria)

Literatura universal

Análise musical II

OPTATIVAS

(para escoller 1)

Ética e filosofía do dereito

Filosofía da ciencia e tecnoloxía

Literatura Galega do século XX e da actualidade

Métodos estatísticos e numéricos

Segunda lingua estranxeira (*)

Xeografía e historia de Galicia

Xeoloxía

(*) Materias optativas de oferta obrigatoria en todos os centros
Máis información
  • Portal educativo: www.edu.xunta.es
  • Nos centros onde se imparte (ver entidades relacionadas)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión