Ofertado por: Universidade da Coruña
Rama de coñecemento: Xurídico Social
Ámbito: O perfil é o do/a profesional capaz de fomentar e ampliar a capacidade de explicación sobre a sociedade e contribuír ao seu desenvolvemento e á mellora da calidade de vida. É capaz de deseñar proxectos de investigación social e realizar a análise explicativa dos fenómenos sociais concretos. Está capacitado/a para manexar fontes de datos primarias e secundarias, produción e análise de datos cuantitativos e cualitativos, a interpretación de indicadores sociais e instrumentos de medición social, e para manexar programas informáticos aplicados á investigación social. Profesionais amplamente capacitados/as cunha formación rigorosa, flexible, transversal e con conexións interdisciplinares. Como profesionais non están limitados/as a unhas liñas de traballo, senón que están adaptados/as a un contexto laboral global, dinámico e cambiante.
Sectores: Administración (nun nivel local, rexional, estatal ou internacional), empresas privadas, sindicatos, organizacións empresariais, organizacións propias do terceiro sector (fundacións, ONG e entidades non lucrativas en xeral), docencia regrada e non regrada, investigación, recursos humanos e selección de persoal, axencias de enquisas, publicidade e mercadotecnia, estatística e investigación de mercados.
Profesións para as que capacita: Intervención social: en casos de conflito e desviación social, deseñar estratexias de intervención, prever as consecuencias das medidas de intervención, coñecer a problemática das minorías e grupos desfavorecidos; coñecer os feitos que conforman estas situacións desde a perspectiva económica, demográfica e cultural. Investigación social aplicada: deseñar investigación social aplicada e indicadores sociais; producir, analizar e xestionar información cuantitativa e cualitativa; deseñar e aplicar estratexias de comunicación para organizacións; deseñar, realizar e analizar estudos de opinións de grupos e segmentos do mercado (hábitos de consumo, imaxes de marca, viabilidade, etc.), sobre mercadotecnia política, comercial e social. Organización do traballo: desenvolver métodos e procesos de traballo, posuír coñecementos de intercomunicación social e técnica das organizacións, realizar diagnóstico do clima laboral e de satisfación dos membros, avaliar os postos de traballo para detectar riscos laborais, dirixir os recursos humanos e as relacións laborais, coordinar e xestionar equipos interdisciplinares, coordinar a formación continua, fomentar e xestionar a cultura de empresa e inserción social de colectivos con dificultades de acceso ao emprego, asesorar sobre adquisición e xestión dos recursos, mercados laborais, estudo dos perfís profesionais. Políticas públicas: deseñar e prever as consecuencias das políticas de emprego, seguridade social, saúde, ambientais, desenvolvemento local, culturais, educación, preventivas de exclusión social, de igualdade, etc., e o impacto social das políticas económicas. Coñecer os procedementos de xestión dos recursos públicos.
Distribución de ETCS por tipo de materia:
Tipo de materia |
Formación básica |
Obrigatorias |
Optativas* |
Prácticas externas |
Traballo fin de grao |
Total |
Créditos ECTS |
60 |
120 |
36 |
12 |
12 |
240 |
*As materias optativas cursaranse no cuarto curso
Plano de estudos
PRIMEIRO CURSO |
||
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
Formación básica |
Antropoloxía Social e Cultural |
6 |
Formación básica |
Economía Política |
6 |
Obrigatoria |
Estatística Aplicada ás CCSS I |
6 |
Formación básica |
Introdución á Socioloxía |
6 |
Obrigatoria |
Teoría e Historia da Poboación |
6 |
Formación básica |
Historia Política e Social Contemporánea |
6 |
Formación básica |
Introdución á Ciencia Política e da Administración |
6 |
Formación básica |
Métodos e Técnicas de Investigación Social |
6 |
Formación básica |
Psicoloxía Social |
6 |
Obrigatoria |
Teoría Sociolóxica I |
6 |
SEGUNDO CURSO |
||
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
Obrigatoria |
Estatística Aplicada ás CCSS II |
6 |
Formación básica |
Relacións Internacionais |
6 |
Formación básica |
Sistemas Políticos Comparados |
6 |
Formación básica |
Socioloxía do Xénero |
6 |
Obrigatoria |
Teoría Sociolóxica II |
6 |
Obrigatoria |
Análise Multivariante de Datos Sociais |
6 |
Obrigatoria |
Estrutura e Cambio Social |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía da Educación |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía do Traballo |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía Económica das Organizacións |
6 |
TERCEIRO CURSO |
||
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
Obrigatoria |
Desviación e Control Social |
6 |
Obrigatoria |
Fundamentos de Análise Demográfica |
6 |
Obrigatoria |
Metodoloxía da Investigación por Enquisas |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía da Familia |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía Política |
6 |
Obrigatoria |
Política Social e Servizos Sociais |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía da Comunicación e da Opinión Pública |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía da Saúde e da Enfermidade |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía do Consumo e Investigación de Mercados |
6 |
Obrigatoria |
Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio |
6 |
CUARTO CURSO |
||
Tipo de materia |
Materia |
Créditos |
Optativa |
Análise de Políticas Públicas |
4.5 |
Optativa |
Análise Sociolóxica de Textos e Discursos |
4.5 |
Optativa |
Crecemento e Desenvolvemento Económico |
4.5 |
Optativa |
Fontes de Datos Secundarios para o Estudo da Sociedade |
4.5 |
Optativa |
Historia das Ideas e Formas Políticas |
4.5 |
Optativa |
Metodoloxía da Investigación Etnográfica |
4.5 |
Optativa |
Metodoloxía, Técnica e Estratexias para o Deseño e Elaboración de Proxectos e Traballos de Investigación |
4.5 |
Optativa |
Relacións Grupais e Intervención Psicosocial |
4.5 |
Prácticas Externas |
Prácticum |
12 |
Optativa |
Acción Colectiva e Cooperación Social |
4.5 |
Optativa |
Estrutura e Cambio Social de Galicia |
4.5 |
Optativa |
Globalización, Medio Ambiente e Poboación |
4.5 |
Optativa |
A Función dos Recursos Humanos na Empresa |
4.5 |
Optativa |
Proxeccións da Poboación |
4.5 |
Optativa |
Risco, Cultura e Medio Ambiente |
4.5 |
Optativa |
Socioloxía da Cultura e Proxectos Socioculturais |
4.5 |
Optativa |
Socioloxía das Migracións |
4.5 |
Traballo Fin de Grao |
Traballo Fin de Grao |
12 |
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible