Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico en Instalacións de Telecomunicacións

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Medio (GRAO MEDIO)
Duración
2000 horas
Información xeral
  • Familia profesional: Electricidade e electrónica
  • Referente europeo: CINE-3
Requisitos
  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
  • Titulo de Técnico dun ciclo formativo de grao medio de Formación Profesional específica.
  • Título de Técnico auxiliar de Formación Profesional (FP1).
  • Segundo curso do Bacharelato Unificado Polivalente (2º de BUP).
  • 2º curso do 1º ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso de plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
  • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
  • Ter superado a proba de acceso aos ciclos formativos.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisiuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.

Sectores: Microempresas e empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto cerrado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipos informáticos, ben por conta propia ou allea.

Profesións para as que capacita: Instalador de telecomunicacións en edificios de vivendas, instalador de antenas, instalador de sistemas de seguridade, técnico en redes locais e telemática, técnico en instalación e mantemento de redes locais, instalador de telefonía, instalador-montador de equipos telefónicos e telemáticos, técnico en instalacións de son, instalador de megafonía, instalador-mantedor de sistemas domóticos, técnico instalador-mantedor de equipos informáticos, técnico en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión.

Plano de estudos
 

HORAS TOTAIS

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º curso

266

Electrónica aplicada

133

Equipamentos microinformáticos

187

Instalacións eléctricas básicas

160

Instalacións de megafonía e sonorización

107

Instalaciións de radiocomunicacións

107

Formación e orientación laboral

2º curso

123

Infraestruturas comúns de telecomunicación en vivendas e edificios

123

Instalacións domóticas

174

Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía

157

Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica

53

Empresa e iniciativa emprendedora

410

Formación en centros de traballo (F.C.T.)

Observacións

Acceso a outros estudos: Bacharelato (todas as modalidades).

Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

  • A Coruña

Boiro IES Espiñeira Tel. 981847677

Carballo IES Monte Neme Tel. 981701159

Coruña, A IES Urbano Lugrís Tel. 981235945

Culleredo IES Cruceiro Baleares Tel. 981660700

Ferrol IES Ferrolterra Tel. 981333107

Noia IES Campo de San Alberto Tel. 981822800

Pontes de García Rodríguez, As IES Castro da Uz Tel. 981451304

Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Tel. 981522062

  • Lugo

Burela IES Perdouro Tel. 982575098

Lugo IES Politécnico de Lugo Tel. 982220328

Monforte de Lemos IES Francisco Daviña Rey Tel. 982400460

  • Ourense

Ourense CIFP A Farixa Tel. 988236552

  • Pontevedra

Cambados IES Francisco Asorey Tel. 986520161

Cangas IES de Rodeira Tel. 986303933

Estrada, A IES Antón Losada Diéguez Tel. 986570336

Grove, O IES Monte da Vila Tel. 986732161

Nigrán IES Escolas Proval Tel. 986369402

Pontevedra IES A Xunqueira Tel. 986873003

Porriño, O IES Ribeira do Louro Tel. 986333956

Redondela IES Pedro Floriani Tel. 986401911

Tomiño IES de Tomiño Tel. 986623346

Vigo IES Ricardo Mella Tel. 986253711

Normativa Legal
Entidades relacionadas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión