Cesión de espazos no Fórum Metropolitano
Se sodes unha asociación xuvenil, asociación que realiza actividades de interese xuvenil, ou un grupo non formal de mozos e mozas e necesitades un espazo para a realización dun evento vinculado coa mocidade, o CMIX xestiona espazos no Fórum Metropolitano co fin de axudarvos a levala a cabo.
A cesión destes espazos estará destinada para a realización de actividades, conferencias, cursos, presentación de proxectos, etc, e non poderán ter ánimo de lucro, nen carácter político ou relixioso.
A cesión estará aberta durante todo o ano a excepción do mes de agosto, será gratuíta, e deberá adaptarse a ocupación de espazos das actividades propias do Fórum Metropolitano. Ademais o CMIX poñerá a disposición da entidade organizadora a súa Caixa de Recursos .
Se estades interesados en utilizar un espazo do Fórum Metropolitano envíade un email a cmix@coruna.es, cos datos de contacto da entidade ou grupo non formal, a descrición e finalidade do evento que queredes realizar, as características do espazo que necesitades, e a data aproximada na que pensades realizalo.
Se necesitades máis información poñedevos en contacto telefónico co CMIX. O noso teléfono é o 981 184 294.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible