A sala de exposicións Plataforma14 acolle a mostra “I+dentidade”, do grupo de alumnos e alumnas de 1º curso do C.S. Ilustración da ESAD Pablo Picasso da Coruña na súa primeira exposición colectiva
Para público en xeral
Dende o 15/03/2019 ata o 15/04/2019
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma 14. Rúa Río Monelos (Edif. Fórum Metropolitano) 1. 15006 A Coruña
"I+dentidade" é unha seleción de máis de 50 traballos arredor do concepto da identidade, realizados en diversas técnicas (pintura, ilustración dixital, escultura, collage...) e na que participan un total de 19 artistas.
A "identidade" defínese como o conxunto de rasgos propios dun individuo ou dunha colectividade que nos caracterizan frente aos demais, pero a través desta mostra búscase desenvolver este concepto desde un punto de vista máis subxetivo, abordado por cada autor e autora desde a súa perspectiva
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible