Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Panamericana" de A Panadaría

Panamericana é unha comedia con sabor a guiso tropical, un musical no que as tres actrices interpretan vintecatro personaxes.

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/10/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h  (Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Duración:

75 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, 7'00 €) (Venda anticipada até o día anterior ao espectáculo, 6'00 €)

 ** Para precios reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Miranda Celia del Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que foxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financiero. Perdida nesta misteriosa maquinaria, Miranda lembra os seus tempos de vedete superlatina.

Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.

Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.

 

Creado e interpretado por Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

Idea Orixinal e texto: Areta Bolado

Música original: Ailén Kendelman

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho centra de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

- Despacho de billetes do Fórum: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

- Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h ) e Internet

www.ticketea.com (servizo 24 horas)

 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión