Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. "Axúdame a sentir"

Presentación novo disco "Axúdame a sentir"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/04/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 19,00 €

Palco: 17,00 €

Principal: 15,00 €

Desconto do 20% para carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

**Os descontos aplícanse previa presentación do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Nota: Só sepermite o acceso a animais guía.

No comezo de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, "Axúdame a sentir", o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este albúm, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.

"Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa soada universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar...

A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extinguir ao pechar ou pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando ou noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida".

Xabier Díaz

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto desde 2 h antes do inicio do concerto
  • Venda no despacho de billetes central de praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión