Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Xoves de Achegas abril 2024 - "Intercambios Xuvenís-Oportunidades Europeas para a Mocidade"

Achégate a coñecer proxectos de mobilidade para a mocidade: "Intercambios xuvenís", que forman parte do programa Erasmus+.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/04/2024 ata o 23/04/2024

Horario:

19:00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Naves do Metrosidero (Nave 03).

Prezo:

Gratuito.

Consigue as túas entradas:

Requisitos:

  • Idade: entre 13 e 30 anos.
  • Persoas menores de 18 anos, precisan autorización asinada con copia do Documento Oficial de Identidade (DNI, NIE, pasaporte) de quen autoriza.

Contacto:

Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Tel.: 981 184 294 

Whatsapp/Telegram: 606 362 366

Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal 

Documentos:

Autorización (PDF) (327 KB)

Os intercambios xuvenís permiten a grupos de persoas mozas de distintos países reunirse, convivir e traballar en proxectos comúns durante períodos breves.

Neste Xoves de Achegas adentrarémonos nas oportunidades que che ofrece Europa. 

Nesta nova pílula formativa, a través dunha metodoloxía participativa poderás adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para participar neste proxecto.

Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizamos no Espazo Xuvenil de Naves do Metrosidero o programa de Xoves de achegas na Nave03. Unha experiencia mensual de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos.

Modera a actividade: Asociación Cultural Ingalicia

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión