Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Horario
Como chegar?
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de autobús urbano
Liña 1- Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 12A - Liña 17 - Liña 20 - Liña 22
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca?
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos.
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrecen esta biblioteca e as demais da Rede
Máis información
Inaugurada en 1996 coa peculiaridade de formar parte dun centro cultural que se caracteriza por ser un ente vivo e en constante transformación para adaptarse aos intereses do barrio ao que serve. O seu obxectivo é fomentar a participación social mediante unha actuación integradora e de carácter compensador de desigualdades ofertando servizos de apoio á educación, a información e o lecer.
Situada xeograficamente no Parque Europa, dá servizo a unha ampla zona xeográfica (A Gaiteira, Os Castros, San Diego, Catro Camiños, Rolda de Outeiro, Monelos, Elviña, así como á área metropolitana da Coruña).
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
24/09/2024
17.00 horas
Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
24/09/2024
18.30 horas

01/10/2024
17.00 horas
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible