Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Lingua

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cuándo:

9 de abril de 2019

Homenaxe a Xabier P. Docampo no Festival Falando a boca chea

Sesión conxunta de Charo Pita, Soledad Felloza e Caxoto onde será homenaxeado o mestre e escritor chairego

O Servizo de Normalización Lingüística quere lembrar o finado mestre, escritor e difusor da lingua e cultura galegas Xabier P. Docampo cunha sesión conxunta dun narrador e dúas narradoras de excepción: Caxoto, Charo Pita e Soledad Felloza. Será o próximo martes 9 de abril no Fórum Metropolitano ás 20.00 h nunha actividade dirixida á poboación en xeral incluída na 3.ª edición do Festival de Narración Oral Falando a boca chea.

Xabier P. Docampo naceu en Rábade en 1946 e morreu na Coruña en xuño de 2018. Mestre e escritor, foi autor dunha extensa obra narrativa, da que destacamos as exitosas novelas O misterio das badaladas e A chave das noces.

Recibiu, ademais, numerosos galardóns ao longo da súa carreira. Obtivo o Premio da Feira do Libro da Coruña e o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Foi Premio Rañolas ao Mellor Libro do Ano e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Cando petan na porta pola noite. O libro das viaxes imaxinarias foi Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008. A nena do abrigo de astracán foi a súa derradeira novela, que recibiu o Premio Gala do Libro Galego 2018 e o Premio de Creación Literaria.

A actuación será no auditorio do Fórum Metropolitano e terá unha duración aproximada de 75 min. A entrada é libre até completar a capacidade.

Dirección:

Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?