Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Lingua

Cuándo:

9 de marzo de 2018

Yolanda Castaño, Xosé Iglesias, Siro López e María Solar amosarannos unha cidade diferente nos Paseos pola Coruña literaria desta primavera

O primeiro dos paseos con Yolanda Castaño abre a inscrición o vindeiro 12 de marzo.

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto xa teñen datas e portagonistas para esta primavera.

Volven os Paseos pola Coruña Literaria para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores. Os tradicionais paseos, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto á a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, prolongaranse durante os meses de marzo a xuño e terán como primeiros protagonistas neste 2018 a Yolanda Castaño, Xosé Iglesias, Siro López e María Solar, que repite connosco dadas as solicitudes do ano pasado.

O primeiro dos paseos pola Coruña literaria terá unha das figuras máis destacadas da literatura galega actual, Yolanda Castaño e levará como título "A saúde dos poetas". Será o vindeiro 24 de marzo ás 12.00 horas e a poeta coruñesa faranos un percorrido pola súa Coruña, "porque as xeracións non só se len, tamén se viven, porque as poetas son animaliños que poden saír tanto nos libros de texto coma nos bares da noite, alguén que se sente acompañada polo luxo canalla de toda unha cuadrilla tan humana coma divina fainos un percorrido polas súas autoras contemporáneas, e antes que nada compañeiras"

Os seguintes paseos pola Coruña literaria terán as datas seguintes:

  • Xosé Iglesias, o 14 de abril a partir das 12.00 horas. Neste paseo partirase dun lugar próximo ao mar que é para o autor habitual no desenvolvemento do seu traballo.  Fuximos da cidade e achegámonos até o fronte das  Illas de  San Pedro, con paradas  intermedias  onde  intercalar  a lectura de poemas que son o día a día da vida dun mariñeiro da Galiza.
  • Na terceira das xeiras pola Coruña literaria da primavera de 2018, faremos un paseo con Álvaro Cebreiro da man de Siro López o 12 de maio a partir das 12.00 horas. Cebreiro foi un espléndido debuxante que empezou á sombra de Castelao, pero non tardou en crear un estilo persoal como humorista gráfico e caricaturista. Un profesional interesado na arte europea do seu tempo que fixo interesantísimas achegas á ilustración galega. Percorreremos a cidade para pasear polos lugares relacionados con el e chegaremos á Praza do Humor, espazo propio para falar do papel que xogaron os humoristas nos movementos sociais progresistas.
  • Pechará esta xeira de paseos repetíndomos coa escritora e xornalista da Televisión de Galicia e a Radio Galega, María Solar, que na actualidade presenta o magazine informativo A Revista Fin de Semana da TVG e que nos volverá levar pola Coruña dos nenos da varíola o vindeiro 9 de xuño a partir das 17.30 horas.

Datas de inscrición nos Paseos pola Coruña Literaria

Os Paseos pola Coruña literaria son unha actividade gratuíta organizada polo Concello da Coruña coa Asociación de Escritoras/es en Linga Galega. Cada un dos paseos está limitado a 55 prazas e é necesaria a inscrición, que se pode facer de xeito presencial na Conserxaría do Centro Ágora, no teléfono 981 189 888 (a partir das 9.00 h) ou enviando un correo electrónico a lingua(a)coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

A inscrición para cada un dos paseos abrirase nos seguintes días:

Dirección:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • Os Bolechas. Amigo Monte

    Destinatarios:

    Crianzas maiores de 3 anos, infantil e primaria.

    Cuándo:

    30/06/2018

    Horario:

    18.30 horas (Centro Cívico dos Mallos)

    Inscripciones:

    Desde el 25/06/2018 hasta el 29/06/2018

    Recomendado para maiores de 3 anos até os 9

    Dirección:

    Avda. de Arteixo 147, Baixo. 15007 A Coruña

Próximas inscripciones

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?