Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de maio de 2017

Youtubeir@s xa ten gañadoras

Un videotitorial de como facer un guiso Anti-San Valentín e un vídeo sobre o conflito da praga da couza guatemalteca fanse cos premios desta primeira edición de Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede.

Este venres no Teatro Principal de Ourense tivo lugar a entrega de premios do Concurso de vídeos na Rede, Youtubeir@s. No transcurso da noite entregáronse os dous premios principais valorados cun trofeo e 1.000€. Tamén se anunciaron as catro mencións honoríficas cun premio de 500€ cada unha.

No acto, presentado pola actriz Iria Pinheiro, fixéronse innúmeras referencias ao mundo youtubeiro e aos seus códigos e predominou a ironía e o humor. Iñaki Quenerapú fixo un monólogo sobre a importancia de elixir ben a miniatura estática nos vídeos de YouTube e a VjMarta Verde realizou un espectáculo de mistura cos vídeos participantes en directo. O acto contoucon máis de 200 persoas entre concursantes e representacións institucionais dos concellos e das Universidades promotoras do Concurso.

A deliberación do xurado, entre máis de 200 vídeos presentados, resultou complicada. Finalmente, as pezas gañadoras foron, na categoría vídeo-facermos, para "Guiso especial Anti-San Valentín" realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco, e na categoríavídeo-opinarmos, o premio foi para "Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca"presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño. Estes dous premios foron entregados por dous membros do xurado, María Yáñez e Manuel Núñez Singala.

As mencións honoríficas foron entregadas pola concelleira de Cultura e Normalización Lingüísticade Ourense, María Belén Iglesias e o concelleiro de Normalización de Pontevedra, Alberto Oubiña. A mención especial polo enxeño e creatividade foi para David Otero Fumega co seu vídeo"SmartFol G6! Unha Review moi especial" e o premio que destaca a eficiencia comunicativa foi asignado ao videotitorial "Tortilla de Pascua" da youtubeira Isabel Villanueva. A mención de honra á calidade técnica recibiuna Miguel Rodríguez González pola súa vídeo-opinión "1000 rpm - Anoite" e o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica pola pezacolectiva "Seis pasos para falar malpicán".

Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede remata a súa primeira edición cunha ampla e variadaparticipación. Este concurso é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo,Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión