Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Antonio Manuel Fraga, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xurxo Souto acompañarannos nos Paseos pola Coruña Literaria da primavera
O luns 11 de marzo abrimos a inscrición para o primeiro dos paseos, con Antonio Manuel Fraga
Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e portagonistas para esta primavera. Antonio Manuel Fraga, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xurxo Soutolevarannos por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras. Serán ás 12.00 h e terán unha duración aproximada de hora e media.
O calendario será o seguinte:
23 de marzo, con Antonio Manuel Fraga. "Un bestiario en Oza". O bestiario científico de Anxos Nogueirosa evoca a lembranza do pretérito soñado. É un libro que nace da fascinación por un lugar, o antigo Sanatorio Marítimo de Oza; e por un tempo, o período no que albergou colonias escolares. É, tamén, un encontro coas persoas que o transitaron, que o viviron para despois contalo. Neste paseo entreteceremos, logo, a ficción e a memoria; o papel e o territorio.
30 de marzo, con Lucía Aldao. "Todo isto antes era noite (coruñesa)". O bo dos libros de poemas é que adoitan ofrecer numerosas lecturas, case tantas coma lectoras hai. Á poeta non lle queda outra que aceptalas e agradecelas todas, pero pode que nalgunha ocasión lle dean a oportunidade de contar a súa versión, a súa propia lectura do mapa. Chegado ese momento pode, incluso, que decida contar a verdade.
27 de abril, con Eli Ríos. "DX ou a Elviña de 2030". Seguindo as liñas de DX faremos un roteiro no que camiñaremos os espazos físicos da novela. Ademais, viaxaremos ata a noitevella de 2019 para descubrir que agocha o futuro. Unha viaxe espazo-temporal está á túa espera na Chousa do Cura.
11 de maio, con Xurxo Souto. "Da Casa do Remo á illa do Paraíso". Desde a Cidade Vella, cara á contorna da Torre agárdanos a rocha dos Macallás. Un reencontro -e ás veces descuberta- de xeografías moi próximas, para atopármonos, alén de Chiruca, con outras moitas mulleres do Mar: Laura Coído, da Casa do Remo; a redeira Anónima Maragota, ou a serea negra, Mamí Watá.
Prazos e forma de inscrición
Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.
A inscrición pódese facer na conserxaría do Centro Ágora, chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible