Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

13 de agosto de 2018

Despide o verán e dálle a benvida ao curso coa Festa do Apego!

Non perdas o vindeiro 1 de setembro a Festa do Apego!

As crianzas de até os seis anos teñen unha cita para pecharen o verán por todo o alto. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 1 de setembro de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h no Centro Ágora.

Con ela, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.

A inscrición será gratuíta e terán preferencia as familias que forman parte do Apego.gal no Concello da Coruña. Para elas, abrirase o prazo o luns 27 de agosto para cada unha das actividades. O mércores 29, se quedaren prazas, abrirase ao público en xeral.

Programa de actividades

Ás 11.00 da mañá abriranse diferentes postos que, durante a xornada, estarán a disposición das familias. Neles poderanse inscribir no Programa Apego aquelas persoas que aínda non forman parte del e recibir o seu agasallo de benvida. Ademais, a Biblioteca Ágora terá información para as familias, un espazo adaptado e unha exposición na propia biblioteca para coñecer todos os recursos que lles ofrecen.

Un outro posto de información fará unha mostra comentada para a primeira infancia en lingua galega, feito polas persoas responsables de ali.gal, a páxina de recursos na lingua galega, que lles explicarán a todas as familias interesadas, ao longo do día, todo tipo de materiais para a crianza de pequenas e pequenos.

Por último, as actividades da Festa do Apego van ser as seguintes:

Podes consultar as condicións de cada unha das actividades, así como o xeito de inscrición, na nosa axenda.

Enderezo:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

Programa da Festa do Apego (163 KB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar