Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falamos primaria o 18 de outubro de 2023

Actividade dirixida aos centros públicos de ensino de primaria da cidade

A quen vai dirixido?:

Alumnado de primaria da cidade

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

18/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/10/2023 ata o 17/10/2023

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros dende o día 2 de outubro ata que se esgoten as prazas.

Horario:

10.00, 11.00 e 12.00 h

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

100 aprox. por función

Prezo:

De balde con inscrición previa

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Programa Falamos de dinamización lingüística para os CEIP da cidade no outono de 2023

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

OBXECTIVOS:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación infantil e primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

Co fin de conseguirmos estes obxectivos, o mércores 18 de outubro de 2023 imos desenvolver a seguinte actividade no auditorio do Centro Ágora:

  • 3 pases escolares (10.00, 11.00 e 12.00 h) do espectáculo "Mil maxias máis", do Mago Antón, dirixidos ao alumnado de 3.º curso de primaria en diante dos CEIP públicos da cidade.

Cada centro só poderá asistir a unha función (que terá unha duración aproximada de 45 minutos). A cada pase só poderán asistir 2 centros (por orde de inscrición) con 50 alumnos/as como máximo, mais o profesorado acompañante. A inscrición faraa cada colexio dende o luns 2 de outubro ata que se esgoten as prazas, a través da web de Educación en https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros A actividade é de balde. O transporte (de precisalo) correrá por conta do centro.

"Mil maxias máis", do Mago Antón é un espectáculo para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón coa finalidade de facer que o alumnado e profesorado espectador lembre a importancia que ten a palabra en galego.

A maxia é moito máis ca unha actividade de lecer ou unha industria cultural, é unha arte escénica que, ademais de sorprender, divertir e emocionar, pode e debe contribuír a que a fala, que é o don máis prezado que temos como galegas e galegos, non desapareza nunca. Foi Álvaro Cunqueiro, un gran mago da palabra, quen falou das "mil primaveras máis para a nosa lingua". Parece cousa de maxia dicir tanto con tan só tres palabras.

Este espectáculo quere ser unha homenaxe a Cunqueiro e tamén a todas as mulleres e homes que -cultivando a literatura, as artes, a música, ao longo da historia- sempre tiveron presente que a nosa fala era unha especie de variña máxica que tiñamos nas nosas mans para facer que Galicia durase mil primaveras máis.

Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 18.30 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cando:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión