Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Herba pequerrechiña", de Félix Arias

Espectáculo do profesor de música de dúas das escolas infantís municipais da nosa cidade

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

04/02/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/02/2022 ata o 04/02/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Espectáculo de música en directo do recoñecido profesor coruñés baseado no seu cancioneiro no que adapta textos de escritores como Carlos Casares, Manuel María, María Victoria Moreno ou Xela Arias, cos que traballa as emocións, o ritmo, a comprensión e a sensibilidade da cativada máis miúda a través de melodías sinxelas.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:  "Herba pequerrechiña", de Félix Arias. Pase das 17.00 h  e  "Herba pequerrechiña", de Félix Arias. Pase das 18.30 h . Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
  • Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos. 
  • Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
  • Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 17.00 h

    Cando:

    28/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 18.30 h

    Cando:

    28/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Confi, o golfiño Manoliño", da Xanela do Maxín, ás 17.00 h (auditorio)

    Cando:

    04/06/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión