Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Lingua

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

22 de setembro de 2017

María Solar ensinaranos a pegada dos nenos da varíola na Coruña

O Paseo pola Coruña Literaria de María Solar será o vindeiro 7 de outubro ás 17:30 horas e abre a inscrición o luns 25 a partir das 9.00 horas.

O segundo dos Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, xa ten protagonista e data: María Solar descubriranos o vindeiro 7 de outubro a partir das 17.30 a pegada da expedición Balmís que relatou na súa obra "Os nenos da varíola".

O prazo de inscrición abre o luns 25 de setembro a partir das 9.00 h. As persoas interesadas en percorrer con María Solar o paseo poden inscribirse dos tres xeitos seguintes:

  • na Conserxaría do Centro Ágora
  • no teléfono 981 189 888 (a partir das 9.00 h)
  • enviando un correo electrónico a lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.

Desde o peirao da Coruña partiu en 1803 a corveta María Pita para levar a vacina da varíola ao Novo Mundo da única maneira posible, a través dunha cadea de vacinación a 22 nenos orfos. A cidade foi parte e escenario da preparación desta xesta médica sen precedentes. Os nenos da varíola recupera, novelada, a memoria do que pasou. O roteiro levaranos da man pola historia e a ficción literaria, un paseo para recuperar parte da memoria da cidade e da humanidade.

Prazas completas no paseo con Xosé Luís Axeitos

As 55 prazas dispoñibles para o paseo con Xosé Luís Axeitos xa están ocupadas, así como a listaxe de espera. Se por calquera motivo algunha das persoas anotadas non puidese asistir, pode contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña para que outra persoa poida asistir ao evento.

Vindeiros Paseos pola Coruña Literaria

Despois do de María Solar, quedarán dúas citas máis:

  • 21 de outubro, de 12:00 a 13:30 h, paseo sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández (inscrición desde o 9 de outubro). Quixera que fosen as palabras do propio Agustín Fernández Paz as que desen xusto sentido a este percorrido polos escenarios da novela A viaxe de Gagarin, derradeira que o querido e lembrado escritor e amigo dedicou ao público lector adulto. Dicía Agustín nun texto que escribiu no mes de novembro de 2015 para recibir o Premio da Crítica de Creación Literaria dese ano, e que eu tiven a honra de ler no seu nome: «... A viaxe de Gagarin, como toda historia que pretende ser universal, afonda as súas raíces nun territorio moi concreto: a cidade da Coruña, na década dos sesenta... ... A viaxe de Gagarin é, dalgún xeito, un libro xeracional: un repaso á España, á Galicia, dunha amarga etapa da ditadura de Franco, desde finais dos cincuenta ata a morte do ditador. Unha etapa da que, aínda hoxe, as ondas do que nela sucedeu chegan ata nós...».
  • 4 de novembro, de 12:00 a 13:30 h, con Xabier P. DoCampo (inscrición desde o 23 de outubro). "Lembro cando, nos últimos anos cincuenta do século pasado, había na Coruña dezasete salas de cinema abertas. Dese xeito, o cinema chegaba a todos os barrios da cidade, cousa importante dado que era o único espectáculo que nos abría unha fiestra ao mundo exterior nun panorama de illamento cultural. A intención do roteiro é a de percorrer os lugares onde estaban aquelas salas, en especial as do centro, que eran as de estrea, aínda que falaremos tamén das outras, as de reestrea ou populares. E falaremos moito do que significaba o cinema, de como eran as salas, o público..."

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • Dó, re, mi, cantamos porque si, de Golfiños

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    23/03/2019

    Horario:

    12.30 horas

    Inscricións:

    Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Dó, re, mi, cantamos porque si, de Golfiños

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    23/03/2019

    Horario:

    11.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Pakolas en concerto

    Cando:

    26/03/2019

    Horario:

    17.00 e 18.30 h

    Inscricións:

    Dende o 21/03/2019 ata o 26/03/2019

    A inscrición comezará ás 10.00 h. É gratuíta e precisan a entrada todas as persoas que vaian asistir. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que o poidan facer outras persoas. Actividade especialmente recomendada para nenas/os de máis de 3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. 

    Enderezo:

    Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147, Bajo. 15007 A Coruña

Próximas inscricións

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?